Un espectáculo de humor que narra a historia de dous eternos aspirantes a actores e persoas. A súa experiencia académica, a súa chegada ao mundo real, as súas obsesións, as súas merdas...
Unha obra, "case" baseada en feitos reais, de ALBERTE MONTES e OLI, con guión de Tomás Fuentes, dirixida por Txema Segura e coa colaboración especial de ANDREU BUENAFUENTE.
RE-ESTRENO: DOMINGO 22 DE MAIO
(Aforo xa completo)
PASES:
DOMINGO 29 DE MAIO
DOMINGOS 5 e 12 DE XUÑO
LUGAR: BERHEADS BARCELONA BAR
(R. Ferrer de Blanes, 3 GRÀCIA, BARCELONA)
HORA: 20.00 h.
PREZO: 10 € + CERVEXA ou REFRESCO
PRAZAS LIMITADAS: Só 35 persoas por pase
Recoméndovos ir reservando porque as datas e o aforo son moi limitados. Coa seriedade que se merece unha reserva, podedes indicar por e.mail o día que vos vai ben e o número de persoas que vos apuntades.
Neste caso RESERVAR enviando un correo a: albertemontes@gmail.com / olijcv@yahoo.es
E a pasalo ben, que coño !!