viernes, 4 de septiembre de 2020

PAZ MONTES: "Me lo papo vivísimo"


 









A miña nai, Paz Montes, conseguiu poñer unha frase de moda na Cadena SER.

A frase en cuestión "Me lo papo vivísimo" e formaba parte dunha colaboración que fixo na sección de Alberte Montes no programa LA VENTANA.

AQUÍ o programa no que lle saíu de forma improvisada, a partir do minuto 11:38.

martes, 1 de septiembre de 2020

UN XOGO DE 'FRASEOLOXÍA GALEGA'

O xogo ou exercicio consiste en ordear as seguintes frases do 1 ao 10 sendo o número 1 o estado de benestar máximo para un galeg@ e sendo o 10 a situación de benestar mínima.

Aquí as FRASES desordeadas que contestan á pregunta COMO ESTÁS? para que fagades a vosa propia clasificación:

-"NON HAI QUEIXA"

-"IMOS TIRANDO"

-"DIOS, LÉVAME PRONTO"

-"TIVEN DÍAS MELLORES"

-"ESTOU MELLOR QUE QUERO"

-"NON TAN BEN COMA TI"

-"ESTOU PARA O ARRASTRE"

-"MAL NON ESTOU, PERO BEN TAMPOUCO"

-"PODÍA ESTAR MELLOR"

"ESTOU QUE XA É MOITO"




lunes, 24 de agosto de 2020

SOLUCIÓNS GALEGAS

A quen non se lle rompeu algunha vez unha chancla, verdade... Velaquí un 'amaño' de urxencia que vin este pasado sábado. Un cable para substituír a peza que amarra a tira de suxección superior coa suela.

Non quedará moi estético pero fai a súa función. HIGH TECH made in Galiza, solución provisional que igual se converte nun 'PROVISIONAL PARA SEMPRE', tamén volo digo.