domingo, 16 de diciembre de 2012

CASAS CON MARCA


Camiñando polos arredores de Momán (Xermade, LUGO) atopei esta construcción digna de saír no programa "Supercasas de La Sexta". A típica casa tradicional galega que combina á perfección os materiais autóctonos por antonomasia: o tixolo ou ladrillo, o bloque, a uralita e os recortes vellos de madeira.
Un exemplo de arquitectura singular na que sempre prima o funcional sobre o estético. Chambonada nacional popular en todo regla !!
E como guinda a este conxunto arquitectónico o detalle definitivo... A ver se sabedes cal é? Longa vida á globalización, carallo !!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Aparece o logo de Nike ou vexo mal???

Xosé Manuel Fdez dijo...

Preme na foto e amplía. Si, señor !!

Sara dijo...

Que cousas!!
Por certo, son a Sara Sanjurjo. Vou de anónima porque non sabía como identificarme, jejeje. Agora xa sei.