domingo, 10 de junio de 2012

CHAMBONADA MADE IN GALIZA

Bo domingo a tod@s!!

Para ben ou para mal a xente non deixa de sorprenderme cada día. Velaquí a última "chafallada" que atopei días atrás nunha estrada de Monforte. Como ben podedes comprobar, a creatividade incívica do xénero humano non ten límites. Os galeg@s somos expertos en reutilizar e reciclar pero esta rectificación ou tuneado roza xa o esperpento visual e o vandalismo.

Pois ben, aquí tedes o novo invento galego: "o auto lixo". Como tirar o lixo ao contenedor sen ter que baixarse do coche  e sen necesidade de levantar a tapadeira do mesmo. Que alarde de inxenio!! Moito lle traballa a cabeza a algúns!! 

Así, pois, se queredes ter un contenedor coma estes, no que poder tirar o lixo sen molestarse en subir a tapadeira e sen necesidade de baixarse do auto, só tedes que coller unha radial e facerlle un corte como o que vedes na foto que ilustra este post.
Agora ben, o fulano que inventou esta innovación ou mellora técnica non pensou nin na aparencia estética nin no cheiro que desprende o lixo. Normal, hai moitos galeg@s que nunca desenvolveron o sentido da estética e que teñen atroxado tamén o sentido do olfato, aos que só lles cheira a merda dos demais...

Que vos parece?? Chambonada máxima ou obra de arte??

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que triste, joder!!

Anónimo dijo...

Que bo!