Ola amig@s!!
Velaquí unha nova e orixinal proposta para tod@s os que me seguides e/ou visitades de uvas a peras ou de pascuas en ramos. Irei publicando xeroglíficos de gran calidade e dificultade alta para que intentedes resolver coa axilidade mental que vos caracteriza (lóxico, se non fose así non seriades seguidores de Hermanager). O primeiro que dé a solución nun dos comentarios recibirá un agasallo sorpresa. Nese caso será necesario que poña algún dato de contacto para que me comunique con el/ela. Só empregarei os datos que me facilitedes para comunicarme co gañador ou gañadora.
Así, pois, a pregunta de hoxe é a seguinte:
DE QUE VERBO SE TRATA?
P.D. Agradecementos especiais a Dani que fixo de "extra" nesta montaxe.
Espero as vosas respostas. Saúdos !!
4 comentarios:
Eeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!
Fácil fácil..... Apelmazar!!! Eeeeeeeeeeeeeeelogo. Unha aperta poderosa!!!
Frebas.
Un rápido "de mente", si señor. Os 4qpodemos non perden reflexos...
ACERTADO !!
O agasallo é teu nesta primeira edición. Xa contactarei contigo!!
Noraboa Frebas, eu non o pillaba
Tamén noraboa a Xose pola idea divertida e orixinal
Son Dani o de Coruña
Para ser anónimo queda claro quen es... je,je,je!! Gracias polos parabéns, Dani!!
Publicar un comentario