martes, 18 de octubre de 2011

ENTREVISTA A GUARDIOLA HAI 20 ANOS

Eu son deses que gardan todo, ou case todo. Ás veces fago limpeza pero sempre lle salvo a vida a algo e así nunca acabo de curar o meu "síndrome de Dióxenes". Como diría a Marité, muller que coñezo dende a infancia, humilde e loitadora como poucas, "somos ricos... chéganos a merda aos bicos". A frase é retranqueira de carallo. Xa se sabe que o pobre garda todo por esa máxima galega de "non vaia ser..." chegando a extremos nos que esa "merda" (cousa de pouco ou ningún valor) alcanza a altura dos bicos. E cando a merda chega a estos extremos habería que tomar medidas serias, como me diría un catalán: "fes-t'ho mirar, noi"... 
Pois ben, remexendo entre as miñas trapalladas atopei unha entrevista a Guardiola que a revista Don Balón lle fixo hai 20 anos. Recoméndovos que lle botedes un ollo, o rapaz xa rezumaba humildade e apuntaba a líder. 

 

No hay comentarios: