Benqueridos seguidores,
Hoxe falaba coa miña compañeira de complexos, complexos que tod@s arrastramos nalgunha ocasión e que só deixan de molestar cando os aceptamos. A experiencia demóstranos que paran de incordiar e incomodar cando falamos abertamente deles. Un xeito de atacalos e desactivalos é facer coña, tratar o defecto ou complexo con humor, rirse deles ata quitarlle a trascendencia que os engorda. O humor desdramatiza.
Pois ben, un par de amigas da carallada (e tamén miñas) que teño en Santiago tiveron unha tarde esta grande ocorrencia... si, si, pedir que alguén lles sacase unha foto sinalando as orellas de soprete dun relevo que había nun arco no mosteiro de Carboeiro. Evidentemente, a foto era na miña honra... ou deshonra segundo se mire... De tod@s os meus achegados é ben sabido que teño uns pabillóns auditivos requichados cara adiante que favorecen a percepción dos máis diversos e febles sons pero que esteticamente deixan moito que desexar. Daquela, estas dúas simpáticas raparigas fixéronme chegar esta foto por e.mail dicindo que atoparan un devanceiro meu no Mosteiro de Carboeiro. Ja,ja,ja,ja !! "Me parto, me mondo, me troncho y me mexo todo de la risa..." Para min que levaban algo de alcohol, que como tod@s sabemos relaxa a educación, quita a vergoña e estimula a imaxinación.
Así, pois, para darlle a entender a estas dúas "graciosiñas" que non teño complexo e que eu mesmo son quen de "inmolarme" cos meus propios defectos, decidín autorretratarme diante dun grafiti no barrio de Bouzas de Vigo. Como podedes observar, un monigote ao que lle faltan orellas está de fondo e completa a miña caricatura. Ja,ja,ja,ja !!
Que vos parece, Eva & Amparo? E a ti, Eduard, que che parece tamén?
Xa sabedes, tratade os complexos con humor e contribuiredes á súa desactivación.
Eva, Eduard e Amparo... Grazas !!
P.D. A foto en b/n foi tirada por Eduard del Castillo.
7 comentarios:
¡Grande!...... en grandes tamén as orellas, jjjjjjjjjjjj
Grazas polo comentario. Teño orellas dignas de eLOGIO...
O de que "a foto foi tirada" sería discutible se fose con cámara analóxica, que daquela había fotos para tirar con elas, pero esta non ten desperdicio ningún! :D
Je,je,je,je...
Que clase de formato é este que me quita os tiles das palabras? Que van pensar de min!?
Comparto complexo e honra!! Grandísmas instantáneas!!
Eu tamén comparto complexo, ven de familia, pero, estou de acordo contigo, mellor levalo con humor, tamén grazas a el, podemos deixar que as nosas emocións asomen e, así, identificámolas e aceptámolas. O humor non cambia as cousas, pero fai cas levemos mellor. Un placer saludarte Xosé Manuel.
.
Un abrazo
A prima Mary
Publicar un comentario