martes, 9 de agosto de 2011

ACTUACIÓN NA RÚA

ALBERTE MONTES está de vacacións na súa aldea de Anguieiros, como tod@s saberedes gracias ao Twitter e ao Facebook, pero fará un monólogo de verán na RÚA esta semana. Xa sei o que estades pensando, interrumpir o tempo de lecer estival para concentrarse de novo no traballo e subir ao escenario non é prato de moi bo gusto... 
Pero ben, o público de A Rúa e arredores merece este esforzo e moitos máis polo ben que se ten portado cada vez que ALBERTE actúa nesta vila ourensana tan próxima ao seu Anguieiros querido. 
E vou aproveitar aquí para deixar clara unha cousa, ALBERTE non naceu en Anguieiros porque non foi posible pero tampouco o fixo en Quiroga, lugar de nacemento segundo o seu DNI, A Rúa puido ser un bo sitio para facelo pero ao chegar a súa nai ao ambulatorio e ver alí o botellón pensou que podería ser unha mala influencia para o seu futuro e díxolle ao taxi (O Santa María) que tirase para o Comarcal do Barco.
Xa vedes, pois, que todo o que se conta nos xornais e nas reseñas artísticas é "varrendo para a casa"...
Que vos quede claro, logo, ALBERTE é de Anguieiros, e aínda que fale catalán e viva en Barcelona é un bo rapaz; Anguieiros pertence a Quiroga pero está máis preto da Rúa, lugar onde sempre saiu de marcha nos veráns e onde vai mercar cos seus pais ao "Erosco" (así lle chama o pai), feito que lle fai gañar puntos a esta vila en relación á anterior. O Barco máis grande do mundo tamén está no seu CV, sobre todo no de "vitae", pois alí foi onde veu ao mundo.

Estoume enredando, ao tema, ALBERTE MONTES actuará:


NA TERRAZA DO 4 CAMIÑOS ( A RÚA)
O VENRES día 12 agosto
 ás 00.30 H


NON FALTEDES !!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Actuación espectacular!
A terraza do 4Camiños ateigada de xente... ata a bandeira do Concello.
Parabéns!!

Xosé Manuel Fdez dijo...

Gracias unha vez máis ao 4Camiños, cervecería de referencia e cruce de camiños na Rúa, por confiar nos artistas galegos e da zona.

Saúdos !!