miércoles, 27 de julio de 2011

VAN COMA TOLOS !!

Hainos que van coma tolos!!
Xente que se envelena de adrenalina cando colle o coche e ten oportunidade de correr, xa sexa nunha autoestrada xa sexa nunha corredoira asfaltada de aldea. Adoitan ser estos "valientes" que din que chegan de Barcelona a Galicia en seis ou sete horas (eu coñezo algún fitipaldi deses) ou que reparten o pan de sete parroquias en menos dunha hora. E impórtalles pouco que o traxecto estea inzado de radares, que limiten a velocidade a 110 qm/h ou que haxa vellos a andar polas pistas das aldeas...
O caso e "pisarlle", "darlle zapatilla" e "queimar embrague". É a coñecida cultura do "Fé en Deus e ferro ao fondo", o "fast and furious" á galega. Ti dáme coche que eu xa o poñerei a andar...
Fernando Alonso e o Calvo da Sexta levan anos facendo moito dano. Quen dixo que non se podía mesturar o touciño coa velocidade? Pois en Galicia casan perfectamente. Primeiro vas a unha das moitas pancetadas que se organizan nas festas das aldeas, bebes a dolor e despois pos o coche a 120 polas pistas para ir tomarlle uns cacharros ao pub do pueblo. Unha cousa leva á outra e ao carallo!! É así.
Pois ben, polo ben dos que andamos polas estradas como a xente e só corremos por cobardía ou para pagar a ronda na barra do bar, recomendo o emprego deste "autocolante" (que ben traída esta palabra que só empregamos cando se fala de nacionalismo, verdade?) distintivo para advertir da presenza deses fitipaldis ao volante. 

E todo sexa dito, o adhesivo, pegata ou enganchina en cuestión, foi unha aportación do Frebas, un amigo que atopou a perla en Islandia. Seica por alá tamén "van coma tolos"...

1 comentario:

Xosé Manuel dijo...

Sempre pensei que nas Pancetadas Populares poderían traer como pregoeiro a Kevin Bacon, non vos parece?