miércoles, 25 de mayo de 2011

A QUEN MULTARÍAS ?

Ola amig@s!!
Días atrás, practicando o saudable costume de "ir andar", atopei esta singular estampa nunha rúa de Ribas do Sil (Sanclodio). Galicia is diferent unha vez máis!! Como podedes comprobar, hai dous coches aparcados, un invadindo a beirarúa e outro invadindo a calzada. Os competentes encargados das obras deixaron ese pequeno espazo, entre a liña discontinua e a beirarúa, para poder estacionar. Semella máis un arcén que unha zona de estacionamento, non vos parece?
Nos concellos haiche moito inxenieiro do noso señor...



Así, pois, fágovos unha pregunta e pídovos  que escollades a resposta que consideredes máis axeitada.

A CAL DOS DOUS VEHÍCULOS MULTARIADES?

a) Ao gris por invadir a beirarrúa, lugar reservado para os peóns.
b) Ao coche negro por invadir a calzada e poñer en perigo a circulación.
c) A ningún dos dous. Que culpa teñen eles? 

A vosa opinión conta, mandade os vosos comentarios.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu multaría ao alcalde por neglixencia !!

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Que culpa teñen eles de que puxesen a beirarrúa aí?

Anónimo dijo...

Eso fué por mirar solo con 1 ojo..(el encargado de tan magnifica..obra)..que le abran cuenta en el banco para pasarle las multas a él jjaja