miércoles, 15 de junio de 2011

ALBERTADAS IV

ALBERTE aterra en Galicia (aterra de "aterrar", non de meter medo) e xa é a cuarta visita no que vai de ano. Pero que pasa? Non entenden a retranca en Catalunya?

A insistencia de varios locais nos que aínda non actuara e a posibilidade de pasar o San Xoán de botellón na praia de Orzán fixeron posible esta nova visita.


O espectáculo "ALBERTADAS" sigue colleitando éxitos alá por onde vai, non estando previsto que sexa unha excepción nas vindeiras actuacións previstas para esta nova xira...
... E nunca mellor dito o de xira porque serán catro actuacións, unha por cada provincia.Alberto Contador correrá a Volta a España pero "ALBERTE CONTADOR" dará a volta a Galicia, que carallo!!

As dúas primeiras actuacións:


VENRES 17 DE XUÑO
A FUNDACIÓN
R. Uruguai, 2 
MELIDE (A Coruña)
23.30 H

SÁBADO 18 DE XUÑO
A REGUEIFA
R. Amado Garra, 15
PONTEAREAS (Pontevedra)
23.59 H.



No hay comentarios: