lunes, 11 de abril de 2011

ALBERTADAS III

Aínda que o pareza non é Julio Iglesias nin tan só unha mala imitación deste galego universal do que xa hai tempo que non se sabe nada... nin falta que fai.

Si, si, é ALBERTE MONTES en plena acción nun dos últimos monólogos que fixo en Galicia a finais de marzo. Concretamente na cervexería 7+7 de O Temple (A Coruña) coincidindo coa xira ALBERTADAS II.

Pois ben, aínda que non me creades, e xa vai para récord, Alberte volverá pisar territorio galego esta semana. A terceira visita en menos de catro meses. Compromisos profesionais, obrigas gastronómicas e disfrutes turísticos traeno de novo a Galicia.

Velaquí tres actuacións confirmadas para esta semana:


VENRES 15 abril

Santiso-Seixo LALÍN
00.00 H.

SÁBADO 16 abril

Avda. Xoan Carlos I, 2
O Burgo. CULLEREDO
23.30 H.


DOMINGO 17 de abril
II Campeonato de padel Meigas fóra
REDES
20.00 H.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Outra vez por aquí... Que pasa? Non te queren os cataláns?

Xosé Manuel Fdez dijo...

Moitísimas grazas ao Club de Tenis de Redes. Unha marabilla colaborar con vós !!