miércoles, 16 de febrero de 2011

UNHA RECOMENDACIÓN


Por se aínda non o sabiades, Alberte Montes embarcouse hai unhas semanas nun novo proxecto blogueiro. Mira que o dixo ben claro: "non me enrededes para que participe en máis blogues, estou farto da dispersión creativa!".
Pero cando Silvio Falcón, outro bule-bule da internet, lle propuxo un proxecto humorístico novo de intercambio crítico e retranqueiro, Alberte colleu aire durante uns segundos e contestoulle: "bueno, carallo bueno..."
O subtexto desta expresión tan galega viña a recoñecer que o estaban enleando de novo e que dificilmente se podería resistir. Pasoulle algo semellante ao que lle pasa aos ramistas das festas galegas. Aparentemente están tan queimados que cando remata a festa e todo o estrés organizativo sóltanche un: "pois a min xa non me colledes noutra...". E para o ano seguinte, cando o van buscar á porta da casa para que axude de novo na organización da festa anual, este suspira e solta o clásico "bueno, carallo bueno"...

Así, pois, ALBERTE MONTES e SILVIO FALCÓN, dous "férvelle as berzas" e "filispíns" do humor retranqueiro galego, embarcáronse neste novo proxecto común. Un blogue de humor no que intercambian impresións de forma cruzada e humorística sobre actualidade e inquedanzas propias e alleas.

Daquela, seguidores e seguidoras de hermánager, xa só vos queda visitarlle o blogue, http://buenocarallobueno.tumblr.com/, e veredes como estos xóvenes creativos e defensores da identidade galega en xeral esbardallan a gusto e con gusto das súas lerias. Xa me diredes que vos parece...

1 comentario:

Silvio Falcón dijo...

Grazas pola difusión, Xosé Manuel! :)

Apertas fortes!!