jueves, 17 de febrero de 2011

RIR POR RIR

Como xa sabedes, un desafortunado twit de David Bisbal sobre Exipto deu pé a unha chea de chistes que se esparexeron pola rede como a pólvora. O twit que acendeu a mecha foi o seguinte: "nunca se han visto las pirámides de Egipto tan poco transitadas, ojalá que pronto se acabe la revuelta". Pois ben, reproduzo a continuación algunhas das "coñas" que máis me gustaron, pero traducidas ao galego:

1-Visitando Perú. Hoxe irei a Lima e mañá a Limón.
2-Fun a Qatar e todo estaba moi rico.
3-Estou en Londres vendo o Big Ben. É incríble que o universo nacera aquí.
4-Din que Somalia está chea de piratas, non entendo porque a SGAE non fai nada.
5-Veño de Leganés, pero aínda non vin nin o lago nin o monstruo.
6-Levo unha semana na  Illa de Pascua e aínda non vin ningunha procesión.
7-Estiven en Bélxica, alí os nenos estudian en "coles de Bruxelas".
8-Nunca se viron tan poucos coches circulando por Venecia, ogallá remate axiña a inundación.
9-Fun a Nevada e só hai deserto. Manda carallo co cambio climático!
10-O día que quiten o andamio da Tour Eiffel estará fermosísima.
11-Estou en Mozambike e non vexo ningunha rapaza en bicicleta.
12-Espero que non chova en Moscova, non me gostaría que o Kremlim se multiplicara.
13-Vou de viaxe a Sudán... terei que levar moito desodorante.
14-Que fermosa Roma... gostaríame volver cando rematen o Coliseum.

A cabeza non para!! É como se o Bisbal entrara nun cortello de cans esfameados e tirara un entrecot dentro... Como lle gosta á xente mofarse dos esvaróns alleos, carallo!!

Non marchedes aínda, teño unhas coñas propias para dedicarlle tamén ao Bisbal:

1-Estiven en Vilartheboss e non vin a Bruce Springsteen.
2-Fun ao Concello de Cervantes e levei unha gran decepción, non teñen ningún museo do famoso escritor.
3-Pasei por Porto do Son, resultoume curioso atopar todo en silencio.
4-Levo unha semana no Concello de As Neves e aínda non nevou ningún día.
5-Estos días tiven a oportunidade de visitar O Morrazo, tiña certos prexuízos pero descubrín que a xente non é para nada aproveitada.
6-Veño de O Porriño e non se consume tanto cannabis como pensaba.
7-Estiven en Padrón, incríble! alí aínda existe a Escravitude.
8-Menuda sorpresa! Estou na Coruña vendo a Torre de Hércules e eu convencido de que estaba en Alicante...

A ver se tedes o inxenio de aportar algunha. A que non hai güevos...

2 comentarios:

Logio dijo...

Aqui, no Barco, nin a proa nin popa.
Vivo na Rua pero non son un sin teito.
Fún á Mezquita pero so atopei igrexas.
Estiven preto de León pero non me acerquei moito por si acaso.

Bo fin de semana.

Xosé Manuel dijo...

Aí te vexo. Un que ten xenio e inxenio!!

Moi boas, Logio. E varrendo para a casa.

P.D. O da Mezquita tamén o pensara eu.

Que teñas boa finde!!