jueves, 3 de febrero de 2011

GALIZA IS DIFERENT


Ola amig@s!!
Velaquí unha nova entrega do aparente absurdo galego. Trátase dun refuxio ou parada de autobús que hai na estrada nacional que vai de Santiago a Lalín. Como podedes comprobar, os galegos estamos case sempre de costas á realidade...

Podendo estar orientados para a estrada mentres esperamos a chegada do autobús preferimos mirar para o outro lado e relaxarnos vendo como pacen as vacas.

Deixando o lirismo a un lado pedín opinión sobre este misterio digno de ser comentado por Íker Jiménez e atopei dúas versións que podían explicar este estraño fenómeno. Unha delas defendía a hipótese dun posible erro na construcción, típico das obras públicas preelectorais nas que as présas e a impericia dos operarios remata en chafallada, trapallada ou chambonada e outra centrábase en xustificar que a caseta estaba do revés para protexer á xente da choiva e do vento. Velaquí, pois, dúas teorías que poderían explicar esta surrealista estampa de hoxe. 


Se tedes algunha hipótese que aportar para dar solución a esta inquietudes miña, benvida será...