viernes, 28 de enero de 2011

ALBERTADAS (Fin de xira)

... E chegou o final da xira galaica. A actuación de A Rúa (sábado 22 ás 20.00 h.) quedará para sempre na retina dos espectadores pero tamén na carpeta mental dos bos momentos de ALBERTE MONTES. O Cine Avenida, un dos teatros mellor conservados de Galicia con capacidade para unhas 400 persoas, acollía o espectáculo "Albertadas". Alberte estaba nervioso pois era un escenario moi grande e un reto importante conseguir que houbese unha boa entrada. Pois ben, case 100 persoas e unha actuación memorable. A xente pasouno xenial, riron e quedaron sorprendidos coa actuación dun paisano que moitos deles nin coñecían. Á saída da sala a xente comentaba que o pasara xenial e pedían a Alberte que voltase axiña por estos lares. Felicitación masiva e satisfacción total para o artista.
Pero amig@s, o sábado 22 non remataba aquí. Quedaba a actuación no Pub Galileo de O Barco ás 24.00 h. Unha pequena pausa para tomar uns pinchos no "Recuncho" e arrincar xa para O Barco. Evidentemente a actuación do GALILEO non sería como a do CINE AVENIDA. O perfil de espectador, o lugar e as horas convidaban a darlle ritmo e cachondeo á actuación. Unhas 40 persoas riron a cachón e divertíronse coa actuación de Alberte que colleu parte do repertorio principal da xira para combinar co seu repertorio máis desenfadado e macarra co que sorprende nas noites de Barcelona.
Canto ben xunto!! 

2 comentarios:

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

O váter dos Angueiros non é...

Logio dijo...

O escenario ben.
O actor ben.
As preguntas da entrevista ben.
¡Pero ese son!....
Que carallo dixo este home?