viernes, 6 de agosto de 2010

PERLAS CASEIRAS

Boas,
Estou pasando uns días en Anguieiros, a miña aldea e refuxio de lecer aquí no Concello de Quiroga. Durante o ano hai uns 10 ou 11 habitantes e agora no verán no mellor dos casos a poboación pode chegar ás 40 persoas. Estou convencido de que hai máis gatos que persoas...
Con este panorama o silencio e a tranquilidade están garantizados. Ademáis de descansar e facer algún amaño na que se presenta como segunda residencia aproveito para facer limpeza e tirar cousas. A min cústame moito tiralas, sempre atopo un motivo ou escusa para non sacrificar trapalladas que vou arrastrando. O mellor sería tirar todo e crear un baleiro para encher con novas cousas e avanzar pero cústame moito desfacerme delas... Un pouco "síndrome de Dióxenes"...
Pois ben, facendo limpeza sempre atopo cousas que me fan gracia. Neste caso atopei unha carpeta dos meus pais onde gardaban os recibos para ir pagando a casa, e como non, coa etiqueta "nacional popular" identificativa para que non haxa dúbidas do seu contido. Orixinal, non?
Sigo limpando e ordeando a ver que atopo nesta casa que máis que segunda residencia semella un cemiterio nuclear de restos e desperdicios que xa non teñen sitio na casa da capital...

No hay comentarios: