miércoles, 4 de agosto de 2010

EXPOSICIÓN DE HUMOR GRÁFICO

Ola amig@s!
Neste post vou facer promoción de min mesmo, do humorista gráfico coñecido como Xosé Manuel Fdez. Pois ben, como tiña uns debuxos encadrados da anterior exposición e nunca tivera a ocasión de expor no Concello que me viu nacer como artista pensei que sería unha boa ocasión para propoñerlles tal iniciativa. De tal xeito que xuntei os cadros que tiña con debuxos antigos e arrimeille algúns de actualidade para completar tamén cun dossier informativo da miña traxectoria. O Concello aceptou e tiramos a cousa para adiante. Vou comprobar de primeira man eso de que "ninguén é profeta na súa propia Terra" (xa vos contarei...).

E mirade como son as cousas que vou expor todo o mes de agosto no Museo Etnográfico Municipal de Quiroga que está xusto no baixo do Auditorio, antigo Colexio Público onde eu fixen a EXB e me iniciei como debuxante gañando concursos de postais de Nadal e colaborando na revista do Colexio. Paradoxos da vida...

Anos despois emigraría a Barcelona onde continuei coa miña afección chegando a publicar en varias revistas da emigración, nunha revista trimestral que se publicaba en Quiroga coñecida como Don Camilo e tamén en DON BALÓN.

De volta a Galicia, no 2007, e ata a actualidade, publico na revista de humor A RETRANCA, nos xornais galegos O SIL e A PENEIRA, e tamén no boletín A MICRO PECHADO. Nestes momentos estou a recoller debuxos e ideas para un futuro libro de humor e atendo a algúns encargos puntuais de ilustración, humor gráfico e guión.

Xa sabedes, o día 5 de agosto ás 20 H. será a inauguración pero podedes ver a exposición no Museo Etnográfico (R. Real s/n Baixo o Auditorio) ata finais de agosto. Horarios: Luns a venres (11.30 - 14 H) Sábados, domingos e festivos (12 - 13 H.)

Título da exposición:
"O que non ten que facer, nas ocorrencias atopa pracer"

Máis info:
www.museoetnograficodequiroga.blogspot.com
www.concellodequiroga.com

Tel. 982 435125 / 982 428001

1 comentario:

Xosé Manuel dijo...

Moitas grazas a tod@s por vir onte á inauguración.

Ao resto anímovos a pasar por alí, ademáis de ver os meus debuxos poderedes ver tamén o Museo que merece moito a pena, de verdade.

E poñede algo no libro de visitas!!