martes, 13 de julio de 2010

HAI QUE XOGAR AO ATAQUE

Onde imos chegar... España foi quen de gañar o Mundial de fútbol, cae ben ata nas nacionalidades históricas e acabou co gafe de cair en cuartos.

E falando de cuartos, sabiades que as fases clasificatorias do Mundial seméllanse moito ás fases de conquista dunha muller ata levala ao rego? Imos ver...
Coñecer a unha rapaza nun pub ou nunha discoteca e non conseguir teléfono de 9 cifras, e.mail ou facebook sería como cair na fase de grupos. Agora ben, se falas con ela, hai bo rollo, fas que ghaste pista contigo e a acompañas ata a súa casa significaría que xa estás en octavos de final. Pero, resulta que despois dalgún intento de achegamento físico non pasas do portal porque ela non te convida a subir e ademáis che fai a cobra... Amigo, acabas de cair en cuartos, igual que nos tiña acostumados a selección.

Pero rómpese a maldición, como neste ano, e consegues subir á súa casa. Estás xa nas semifinais. No ascensor, entre tímido e sorprendido, non exteriorizas moito a túa euforia, pero a procesión vai por dentro. Estás xa cantando o waka-waka, fas soprar a vuvucela como nunca, a túa "marea roja interior" berra: oee, oee, oee, oeeee, a por eellos, oee!! Campeoones, campeooooones, oe, oe, oe...

Atópaste co rival xa no sofá, tomando algo para relaxar o ambiente. Aínda que non o creas de todo estás xa na semifinal. Que non che toquen equipos que practiquen a contención ou o "catenaccio", péchanse atrás e non hai Deus que entre. E non as quere, e non as quere, e non as quere!! Neste caso, ti manten a calma, tranquilidade, non hai que perder a paciencia... como Del Bosque e a Selección. Hai que abrir o xogo polas bandas e tocala moito, toque, toque, toque... Tiqui-taca, tiqui-taca, e así ata atopar a oportunidade. Xa aparecerá un oco...

A túa paciencia vai ter recompensa, rapaz!! Sen necesidade de chegar á prórroga nin aos penaltis conseguirás metela... metela a ela no dormitorio! Estás xa na final e dentro de ti hai un berro entusiasta e pegañento: "Foooodemos !!"

1 comentario:

Anónimo dijo...

Q gran comparación, me gustaría ser hombre x un día para saber lo q se siente en esas ocasiones... jajaja!!!!!! Muy bueno!!!