viernes, 25 de junio de 2010

ESTRELLADOS SEGUE EN CARTEL !!

ALERTA, NOIS E NOIAS !!

Estes dous do cartel, Alberte e Oli, seguen dando guerra no Teatreneu cun notable éxito de público para ser uns descoñecidos fóra do seu reducido ambiente familiar. Ten o seu mérito conseguilo neste mes, mes no que por fin entrou con forza o verán, mes no que temos mundial de fútbol ata na sopa, mes no que se fai a selectividade, mes no que a xente apura para facer compras antes de que suba o IVE... En fin, moitas circunstancias adversas que non impediron triunfar a estes dous canallas, dous inxénuos con sorte que, mirade por onde, non se "estrellaron".

E xa vos anticipo que para xullo continuarán no Teatreneu, eso sí, os domingos ás 21.30 H.

Agora, disfrutade da súa última aparición deste mes.

TEATRENEU
(C. Terol, 26, Grácia, BCN)

SÁBADO 26 DE XUÑO ÁS 18.45 H
PREZO: 12 €
IDIOMA: Castelán



ATRÁPALO (sinopsis / entradas):

www.atrapalo.com/entradas/estrellados-dos-hombres-y-un-estreno_e32597/

1 comentario:

Silvio Falcón dijo...

Nós fomos onte e é tremendamente recomendábel para calquera tipo de público, e así o puxen en atrápalo :)

Grandes Alberte e máis Oli!

Apertas Xosé Manuel!