martes, 13 de abril de 2010

UNHA DE CAMISOLAS

Ola amig@s!!

Que ganas temos de que chegue este ano o verán, verdade?
E xa de paso librarnos de chaquetas e xerseis para lucir con orgullo as esperadas camisetas de manga curta.
De camisetas poderiavos falar longo e tendido... sobretodo tendido, porque eu gasto camisetas ata para durmir. Eu sempre fun de "camiseta pixama". Por moito que se empeñara a miña nai dende que eu era pequeno, nunca me gostaron os pixamas, e quizais por ese "instinto de levar a contraria" sempre desterrei os pixamas ao fondo do armario ou á casa da aldea para ocasións extremas de frío nas que "igual fago unha excepción" por motivos de "frío maior". E como tod@s sabedes, a "camiseta pixama" acostuma ser aquela que está dada de si (semella xa unha desas camisetas extralongas de praia para quitarse o bañador), gastada de máis (descolorida e/ou coas letras raspadas) ou pasada de moda (Barcelona '92, Naranjito, Xacobeo 93, Galiza Ceibe...). "Dextinguida" da circulación, para entendernos.
Tamén están as "camisetas da sorte", camisetas que se converten en amuletos para nós, quizais porque nos recordan bos momentos vividos con ela posta (aprobar a selectividade, un verán maravilloso, primeira vez que lle comemos a boca a unha rapaza...) ou as "camisetas condenadas", aquelas de "pa andar pola casa ou para estar no pueblo ben vale", camisetas de propaganda , camisetas pro-viaxe de fin de curso ou de asociación, camisetas que che regalan ou tocan nas festas de promoción das dicotecas (Piensos Biona, Asociación O Muíño, Talleres Carnocho, Ron Cacique, etc). Alá quedan na aldea para os traballos caseiros como pintar, arrincar as patacas ou sacar o esterco.
E que me dicides das "camisetas coñeras", esas que teñen lema ou resultan orixinais polo seu deseño? Estiveron máis de moda do que están agora pero aínda teñen tirón. Góstannos tamén porque con elas damos un pouco a nota, chamamos a atención e semella incluso que sexamos exclusivos. A esta categoría pertencería a que temos na ilustración deste post. Camisola claramente deseñada para chamar a atención pero que resulta un pouco vulgar, eu particularmente só me atrevería a levala nunha despedida de solteiros. Eso si, ten que ser un puntazo ver as caras da xente cando te ve con ela posta, Dior mío!! Alguén se atreve??
Ben, outro día máis sobre camisolas, hoxe deixo aquí o tema.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

No facebook hai grupos tan curiosos como un que se refire ás camisetas co lema: "Total, vai pa lavar".

Logio dijo...

Carallo!... nunca mellor dito.