miércoles, 7 de abril de 2010

UNHA CONACHADA MÁIS...

Perla, perla, perla !!

Seguro que xa botabades en falta algunha destas fotos curiosas que ninguén se resiste a facer se ten o privilexio ou a sorte de descubrir. Pois ben, velaquí un descubrimento doutro dos seguidores do blog.
Este sinal de circulación resulta enigmático e/ou confuso para os galeg@s pois a prohibición de superar a velocidade de 30 km/h vén acompañada da palabra CONA. Para os que non a coñezades, a palabra digo, a cona é a vulva ou órgano xenital feminino aínda que tamén se pode empregar como comodín ou como expresión de cabreo e reafirmación igual que a palabra CARALLO.
Estásenos quizais ameazando coa CONA para que non superemos esa velocidade?
Temos que interpretar ao mellor que queda prohibido "penetrar nesa zona" a máis de 30 km/h?
Alguén nos prohibe circular a máis de 30 porque lle sae da CONA e punto?
Non sei, non sei...
Outra hipótese que se me vén á cabeza;quen non escoitou nunca a expresión "O carallo 29... e a cona 30"? A orixe de "O carallo 29" sabemos que ten que ver cun pivote con forma de carallo que hai na zona vella de Santiago, terá algo que ver logo este sinal coa orixe da expresión "E a cona 30"?
Que opinarán as feministas destes sinais sexistas?
Pois nada, aquí queda esta "cona achada"... sen máis :-)

2 comentarios:

sonia dijo...

Non sei que poden opinar as feministas, pero as menos feministas ou mulleres de a pé. Ou sexa EU opino que é de bastante mal gusto. Digamos que xa cansa. O galego é unha lingua moi rica en fraseoloxía (polifónica) sen necesidade de caer na vulgaridade. Ademais paréceme falta de imaxinación e orixinalidade por pate d@ "artista".
Por outra banda non deixo de recoñecerlle certo mérito, claramente consegue chamar a atención.
Na miña vila houbo un prostíbulo que foi clausurado por consideralo inapropiado na zona. Ademais sobrepasaba os límites de ruido esixidos pola lei. Vese ben que os propietarios non untaron como debían a quen debían, xa que isto nunca foi razón de peche para outros locais nocturnos. Como se nota que hai crise...en fin. Ao punto ¿A que non adiviñades como se chamaba o Centro Cultural en Cuestión? PAXARETA CIBELES...que desagradable. Iso si, chamar a atención cháma. En fin, aí queda iso.

Anónimo dijo...

Bueno eu non opino como Sonia. É gracioso!!! farei un seguimento noutras sinais a ver se atopo algunha relacion ca cona 30. A saber...