
Ola a tod@s!!
Impresionante a repercusión que está a ter o espectáculo de ALBERTE MONTES no Teatre Llantiol... Non podedes imaxinarvos a recarga de ego que esto supón para o artista e o solicitado que está ultimamente. Por moita promoción que faga Atrápalo, amig@s e familia (non necesariamente nesa orde) nada comparábel á repercusión promocional que lle está dando a publicidade de gran formato que insertamos en moitas das fachadas en obras que hai por Barcelona e á recomendación que do seu espectáculo fixo a fermosa modelo que podedes ver na foto da dereita. Ao final é o de sempre: "O que non se anuncia non vende...".

Xa sabedes, o vindeiro SÁBADO 13 DE MARZO ás 18:00 H no TEATRE LLANTIOL.
www.llantiol.com
1 comentario:
Quítalle algo!!
Publicar un comentario