martes, 30 de marzo de 2010

ACTUACIÓN DE ALBERTE EN COMPOSTELA


Santa Semana na que se deixa ver por Compostela ALBERTE MONTES...
Aquí está o actor e humorista galaico-catalán afincado en Barcelona pero disposto a visitar Galiza en canto a ocasión sexa "propecia" ou "a pinten calva".
Aqueles que queirades rir un rato despois do partido de Champions entre o Arsenal e o Barça podedes pasar por LA TAQUILLA (pero sen pagar, que conste) o MÉRCORES 31 ás 22.30 h.

LA TAQUILLA está na Rúa Fernando III El Santo, 14, a carón dos Cinemas Valle Inclán. O ambiente estará moi caldeado, predisposto a botar unhas boas risas pensando ademáis que estaremos en véspera da megaponte festiva de Semana Santaaaaaaahhhhhh...
Non o pensedes máis e vide en procesión para ver este "Santo baixado do Ceo a patadas". Que a "paixón pola risa" poda máis que a relixiosa para convencervos (tede fé) e que, aínda que non "acabedes moi católicos" esta noite, ninguén vos crucifique por iso...
Vémonos na TAQUILLA, non me sexades Judas...

1 comentario:

Xosé Manuel Fdez dijo...

Un exitazo onte en LA TAQUILLA. Gracias Juan pola organización!!