lunes, 29 de marzo de 2010

PRECAUCIÓN, AMIGO CONDUTOR...


Boas tardes a tod@s!!

Comeza a Semana Santa, unha semana que para moit@s de vós estará marcada polas procesións e pola paixón. A relixión será como sempre a excusa perfecta para coller uns días de vacacións, facer a maleta e meterlle quilómetros ao coche para ir "á aldea" ou "ao pueblo"... Sempre se sae da casa con moita fé, pero coidado coa "fé en Deus e ferro ao fondo", o caso e chegar e non mancarse. O domingo de resurrección non lle funciona a "todo Cristo"...
Aproveitade estes días para deixarvos levar pola paixón e intentade meter o Santo na Capela todo o que poidades, eso si, sempre co capirote posto. E se preferides ir de procesión coidado coas que van por dentro, procesións etílicas moi presentes en cantidade de Festas do Viño que podedes atopar estes días por Galiza. Procesións etílicas, de capela en capela, hai que comulgar en todas e probarlle o "sangue de cristo" a todos os adegueiros porque senón parécelles mal. Que sacrificio, Dior Mío!! Para beber así e mellor non morrer!! Aínda que a fé vos acompañe todo o rato é moi posíbel que non cheguedes á casa "moi católicos". E benditos dos que conducides, sacrificados mártires de ceo gañado e paciencia de santo, que beberedes bitter kas, malibú con piña ou mosto para poder levar aos "eccehomos" de retirada para a casa. Eso si que é paixón, paixón de amig@.
E xa sabedes, aproveitade a semana para "non ser santos",para "probar os praceres da carne" e para "non facer penetencia"...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non corrades moito, ide parando e chamade cando cheguedes...