miércoles, 30 de diciembre de 2009

MÁIS SMS DE NADAL


Boas Festas a Tothom (a tod@s)!!

En vistas do éxito que tivo o post sobre os SMS pensei que sería unha boa idea facer unha segunda parte e aconsellar unha nova escolma deles para mandar na noite vella. Alerta!! o 2009 remata xa mañá.
Pois ben, para facilitar o traballo a tod@s os que seguides este blog aquí vos presento vinte novos SMS; uns recollidos de internet e outros froito dunha humilde colleita propia (a ver sodes quen de distinguilos...). Velaquí tedes:

ÑOÑOS

1-Que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar ao que ir e unha persoa á que querer. Feliz 2010!!

2-Co Nadal e coa Crise pode que se nos acaben os cartos, espero que non pase o mesmo cos amig@s...

3-Un sabichón dixo unha vez:"A riqueza das persoas mídese pola cantidade e calidade de amig@s que un ten". Grazas por ser parte da miña fortuna!! Feliz aninovo!!

4-Así avanza a vida, primeiro cres nos Reis Magos, despois non cres neles e cando te descoidas xa es Rei Mago. Boas Festas!!

INXENIOSOS

5-A A.L.C. (Asociación de Langostinos Cocidos) recórdache que nestas datas hai cousas máis importantes que pelar... Feliz aninovo!!

6-Para esta noitevella non te poñas tacóns, coa crise que hai non é cuestión de que tamén suba "o conexo" ;-) Feliz 2010!!

7-Que pasedes unha boa noitevella, eu ao final sairei de festa co F.C. Barcelona. Teño diversión, copas e pracer asegurados... Feliz 2010!!

8-Ao nacer, Deus deume a escoller entre estar boísisisisima ou ter mala memoria. De xeito que che desexo UNHA FELIZ NOITE DE SAN XOAN!! Bon ano novo!!

9-Consello inversor para o 2010: Tatúate un € no carallo e disfruta de cinco avantaxes:
a) Verás medrar o teu investimento.
b) Disfrutarás movendo o teu diñeiro.
c) Non che importará que a túa muller che coma os aforros.
d) Só ti decides como protexer o teu investimento.
e) Só ti decides onde colocar o teu capital.

10-Predicción astral de balde para o 2010: CARTOS: Os astros están do teu lado. SAÚDE: Os astros están contigo. SEXO: Os astros din que non fan milagres.

11-Son tempos de Crise e "Resesión Económica"... Non nos queda máis remedio que resignarnos e comer marisco reseso, polvoróns resesos, turrón reseso... Feliz aninovo!!

12-A policía atopou esta noitevella o corpo carbonizado dun home sen cerebro e cun carallo moi pequeno. Prégoche que mandes unha mensaxe e confirmes que estás ben. Feliz 2010, carallán!! (Perdón polo de "carallán"; je,je,je)

13-Este Nadal cómpre aforrar e tiven unha idea. Eu felicítote a ti e ti reenvías o SMS a tod@s os contactos que temos en común. OK? Gzs e feliz 2010!!

14-Os mossos detiveron a 5 membros de Alqaeda, identificados como: Albajad Mamad, Alagachad Meted, Almeted Menead, Alacabad Sakad, Alsakad Sakudid. Feliz ano 2010!!

15-A policía busca unha persoa guapa, sexy, carismática e incríbel na cama. Xa sei que ti estás a salvo, pero eu, onde me meto? Bon aninovo!!

16-Se no ano novo a Ciencia segue a investir máis recursos en descubrir avances para loitar contra a impotencia que contra o Alzheimer aos 80 anos imos ter ereccións e non imos saber para que. Feliz 2010!!

SUBIDOS DE TONO

17-Se te quedas só/soa nesta noitevella aconsélloche que vaias a unha reunión tuppersex. Sempre te poderás consolar cos teus "enseres queridos"... Bon ano!!

18-Nestas datas ofrézome para ser o teu AMIGO INVISIBLE e o teu APALPADOR... fareiche cousas nunca vistas e apalpareite durante a noite ata quitarche a fame toda. Bon aninovo, guapa!!

19-Comunicámoslle que o seu saldo sexual é negativo e ten vostede un déficit de 50 cópulas carnais. Proceda axiña a reactivalo antes do 2010 ou a súa actividade sexual será desactivada.

20-Mandámoslle este SMS dende o Hospital de Sant Pau. Parabéns! A mancha do seu pene non era gangrena senón carmín. Lamentamos a súa amputación e desexámoslle un feliz ano 2010 de forzoso celibato.

Cal é o voso preferido? Espero os vosos comentarios. Grazas por participar e Feliz 2010 !!

1 comentario:

Anónimo dijo...

O 18 gostoume e parece da factoría X-Man. Non?
Parabéns!!