martes, 20 de octubre de 2009

OH BEYONCE, BEYONCE... QUERO BAILAR CON VOSE

























Na procura da miña "
sex symbol de caoba", Beyonce, atopei estas dúas fotos dela que me baixaron o... mito á altura do chan.

Fixádevos no "bikini de mercadillo", glamuroso a máis non poder. Un bikini para arrasar... para arrasar co bo gusto.O que se pode facer con dous panos de mesa, unhas argollas de ducha e un pouco de cinta americana negra... Como diría un portugués: "nao acredito, pa".
Tardará en borrarse da miña mente esta imaxe de Beyonce con pose de mans en cadeiras e lucindo o devandito bikini, máis propio da portada dun disco de Camela que dunha top model de referencia mundial.

E por se todo esto fóra pouco atopo a outra perla, refírome neste caso á foto da dereita. Ás veces criticamos moito os "
posados" e o "photoshop" pero despois de ver esta "pillada" entendo que faga falta amañar un pouco certas cousas. Neste caso, Beyonce aparece en "plan Choni", escarranchada, ensinando as bragas, despeiteada e boquexando. Que glamour, que estilo, que elegancia, erotismo en estado puro... E que me dicides do micro? Que carallo fai co micro?, estase rascando a cona con el ou vai cantar "polo vaginis"? Que vulgaridade Dior Mío!!

No hay comentarios: