lunes, 14 de septiembre de 2009

TIMO MADE IN SPAIN


Spain is diferent!

A policía de Alicante detivo a un home por vender por 1.400 € un ordeador inexistente na coñecida páxina de compravenda "ebay". No seu lugar, o comprador atopou unha caixa chea de garavanzos e de turrón.
Sabíamos que na Mancha "te la dan con queso" pero agora descubrimos que os alicantinos "te la dan con turrón". Polo visto, cadaquén paga co que ten...
Ao final, seica a Policía Xudicial de Alicante, despois de iniciar unha investigación conseguiu localizar e deter ao presunto autor dos feitos, un alicantino de 24 anos e con antecedentes por delitos contra o patrimonio.
Spain is diferent; timos "a lo Mortadelo & Filemón" e o sabio refraneiro que nos lembra que neste país "con arte e engano vívese a metade do ano, e con engano e arte vívese a outra parte".

No hay comentarios: