miércoles, 16 de septiembre de 2009

ALBERTE MONTES PREGOEIRO


ALBERTE MONTES pregoeiro na Feira do Viño de Quiroga 2.010

Este é o desexo de tod@s os que admiramos a este xoven artista galego-catalán de cara ao vindeiro ano. Para iso, tiven a brillante idea de crear unha Plataforma de apoio popular que avale a candidatura de Alberte para ser o pregoeiro da Feira do Viño de Quiroga.
Alberte Montes, ademáis de actor e cómico é veciño do Concello de Quiroga (concretamente da aldea de Anguieiros, parroquia de Montefurado), e nas Festas de Verán deste ano en Quiroga actuou con notable éxito diante dos seus paisanos. Daquela xa se propuxo como futurible para pregoar un dos acontecementos máis importantes da comarca. Quere seguir o exemplo doutros "galegos ilustres" como Jaime Peñafiel, Lidia Lozano ou José Manuel Parada que xa foron pregoeiros en anteriores edicións da Festa do Viño de Quiroga. Este é un bo momento e unha boa ocasión para apoiar a causa, e se se cumpre faremos unha macro-convocatoria para ir en Semana Santa a celebralo todos xuntos "con viño" a Quiroga.
Pregoádeo por aí adiante e unídevos no grupo de apoio que hai xa no facebook.
Gracias a tod@s!

No hay comentarios: