miércoles, 30 de septiembre de 2009

SENTIDO DO HUMOR OU MENOSPREZO?


Que non falte o humor, amig@s!
Outra vez en A Coruña e outra vez unha sinal curiosa que deu que falar. Foi posta no verán pola propia comunidade xitana do barrio de As Rañas de Coruña para advertir aos camioneiros que traballan nas obras do Ave do perigo de atropelar aos cativos. Seica estas obras están afectando á normal convivencia das familias de etnia xitana que viven na contorna. Os propios xitanos aceptándose sen complexos e aplicando o sentido do humor? Defendendo e protexendo aos seus exclusivamente? Non alcanzan a máis e que problema hai? Eles ben se entenden e bailan solos (como diría miña nai). Para que acudir aos eufemismos se non hai ánimo de ofender, non si? Ao final, o Concello de A Coruña ordeou a retirada do cartel co argumento de que non se pode permitir ningún comentario que supoña menosprecio ás persoas en función da súa raza, orixe étnico ou procedencia; e non importa que a colocaran os propios veciños de raza xitana. Que sería de nós sen os "anxos da garda da corrección" e os "xendarmes do políticamente correcto"...
Pois aí queda a anécdota e boa gracia me fixo. Hai cousas que hai que tomar con humor, con bo humor.

No hay comentarios: