jueves, 24 de septiembre de 2009

INDICACIÓN CURIOSA


En que cousas me fixo, verdade??

Non sei se vos atopastes esta indicación sobreimpresionada sobre o paso de peóns, pero para min foi a primeira vez. Din dela na Coruña e resultoume tan curiosa que non puiden resistir a tentación de fotografala.
Varia cousas a comentar:

1-Non me digades que non resulta chamativo e paradóxico que nun país "de dereitas" nos aconsellen mirar á esquerda.
2-O consello de "mire á esquerda" está ubicado entre un home e unha muller e a frecha diríxenos cara a muller. Que pasa? Que se miramos á esquerda poderemos desorballar a vista cunha atractiva rapaza?
3-A posibilidade máis plausible resulta que antes de cruzar miremos á esquerda para evitar que algún coche nos atropele. E xa sabemos que en Galicia hai moito sinistro por atropelo a peóns, bueno... a peóns, a amas de casa, a xubilad@s, a estudantes...

No hay comentarios: