martes, 9 de junio de 2009

MALA PATA NA XIRA GALEGA "DEsMAIO"



Desmaio non, pero "caida casual" si, ou polo menos así o describiron os médicos no parte de urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela onde atenderon ao artista o día 20 de maio. Pois ben, Alberte levaba dous monólogos e quedábanlle por diante 5 máis... A cousa pintaba mal, moi mal... O campo base era Compostela pero había que ir a Coruña, Vigo e Xinzo (Ponteareas). Pois ben, houbo que cancelar unha actuación pero as outras sairon adiante... e "xeso" que lle faltaba a movilidade, unha das armas de seducción principais do artista en cuestión. Coa sorte dunha semana por diante para acelerar a recuperación, Alberte progresou no escenario, e non me refiro ao nivel artístico (aí hai pouco que progresar) senon á posta en escena e presentación diante do público. Primeiro tivo que contar e narrar ao "estilo Eugenio" pero xa contra o final volveu a coller a vertical, e aínda que coxeaba (sempre el, nunca o espectáculo) volveu a facer gala da súa expresividade característica. Xira con circunstancias adversas pero SUPERADA unha vez máis.Parabéns!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

neno, agora tes razóns de peso para seguir a xira!!