martes, 2 de junio de 2009

SÉ LO QUE HICISTE...



Ola a tod@s!!
Teño que recoñecer que me está enganchando un pouco esto de ter un blog. Todo un mundo para min que sempre vou por detrás das tecnoloxías, por moito que corro nunca consigo darlles alcance. O mesmo lle pasa a Belén Esteban co glamour, mira que tenta chegar a el pero a pobre sempre se queda no camiño.E para colmo un home coa ambición tolleita; así non se chega a ningures nesta vida...

Pois ben, comezou xuño e teño que dicirvos que teño unha exclusiva que dará pé ao meu primeiro "post" deste mes.Esta semana actúa en Compostela (o día 3 de xuño) Rober Bodegas, o colaborador galego de "Sé lo que hicisteis...", pero seica tamén estará no "Festival erótico Galego" de Coruña os días 5,6 e 7 de xuño. Eu, persoalmente, descoñecía esta doble vida do humorista galego pero hoxendía cada vez me sorprenden menos cousas. Ao ver os cartaces nunha rúa de Santiago fiquei abraiado e non puiden resistir a tentación de facer unha foto para a miña colección. Rober, "SÉ LO QUE HICISTE..."

No hay comentarios: