jueves, 18 de junio de 2009

BUSCO SLOGAN, PERO EN GALEGO


Como moit@s sabedes, non paro de darlle voltas á cabeza e o meu cerebro vai a 1.000 por hora. Pois ben, agora que teño tempo non paro de buscar o negocio ideal para ganarme ben a vida e, se pode ser, que sexa cun choio que me reporte pracer e satisfacción. Chamádeme parvo! Na imaxe podedes ver unha destas "fantásticas ideas". Esto si que sería "traballar con tacto" e "ter un bo negocio entre mans", non si?
Pero... tendo a idea xa clara, xurdiu un problema. Que lema ou nome comercial emprego? O que vén na tarxeta, aquí na esquerda, está en inglés, pero eu quero empregar o galego. A ver se me axudades con algunha idea para buscar un lema en galego e que resulte comercial. Pensei xa nalgún pero non me convencen: "Fregas quentes a mulleres", "Mulleres quentes buscan fregas"...
Non dou. A ver se me botades unha man, ho!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tas chalao!!*