Velaquí catro solucións galaicas para facilitar a entrega do pan ao panadeiro que fai o reparto polas casas, e evitar que este se molle ou incluso sexa roubado.
A primeira delas foi vista nunha parroquia de Sober e pode darse a entender, polo debuxo dun sobre, que o cilindro metálico que fai de 'buzón' cumpre a función mixta de caixa do correo e depósito de pan.
A segunda está recollida en Monforte, e como se pode comprobar, o sistema consiste en que o panadeiro deixa a bolsa enganchada a un cordel e despois o veciño tira del para arriba aforrando ter que baixar por el á porta.
A terceira solución vén da Illa de Arousa e consiste nunha fiestriña con bisagras, onde a porta de entrada, para introducir o pan na casa.
E a cuarta está localizada tamén en Monforte, é a máis básica; un gancho plástico pegado na portería, onde o interfono, serve para que o eficiente panadeiro poda colgar a bolsa co pan dentro.
![]() |
Foto: Xosé Manuel Fdez |
![]() |
Foto: Xosé Manuel Fdez |
![]() |
Foto: Xosé Manuel Fdez |
![]() |
Foto: Xosé Manuel Fdez |
3 comentarios:
O da bolsa de plástico é moi común, sobre todo nas zonas rurais. A primeira é xenial.
Si me dás o teu permiso gustaríame por a primeira foto nun grupo de Facebook sobre fotos curiosas de caixas de correos. Grazas
Desculpa a demora, Raposo, pero non vira esta solicitude. Sempre que menciones a fonte, o autor da foto, Adiante!!
Publicar un comentario