lunes, 6 de octubre de 2014

EMILIO BUTRAGUEÑO

Este domingo, no percorrido dunha andaina informativa que organizaba a Plataforma Non A-76 en Nogueira de Ramuín, atopei este documento que é unha verdadeira reliquia, unha auténtica perla para coleccionistas futboleiros. 

En Celeiros, nunha cantina rural moi peculiar que daba a impresión de ser rexentada por alguén con síndrome de Diógenes dos recortes de prensa, atopei no medio de tanto papelorio o carnet do que fora futbolista do R. Madrid, Emilio Butragueño, cando tiña tan só 18 anos e xogaba co Castilla. Non daba crédito. Que facía alí, nun lugar tan afastado da civilización, esta acreditación deportiva do famoso "Buitre"? Como puido chegar ás mans da señora que gobernaba tan curiosa taberna? Asegúrovos que volverei por alí para resolver este enigma e para falar con esta señora sobre a súa extravagante afección coleccionista.

2 comentarios:

Raposo dijo...

Iso vale cartos, eh!!

Anónimo dijo...

Pois para algúns si.