martes, 11 de febrero de 2014

SALIDA DE "APARATOS"

FOTO: Colado do Vento
Velaquí unha desas curiosidades galegas, un sinal non homologado de creación caseira atopado en Santiago de Cangas no Concello de Ferreira de Pantón.

Un triángulo sinalizador de accidentes de tráfico, unha barra de ferro e unha lenda que reza tal que así: "Salida de aparatos". O triángulo xa nos advirte do perigo pero que son "aparatos"? ... Poden ser tantas cousas, verdade?

Acéptanse suxestións sobre que pode ser un "aparato" para un galego.

Agradecementos á Asociación Colado do Vento de Sober por cederme esta instatánea tan enigmática.

No hay comentarios: