lunes, 5 de agosto de 2013

SINAIS DUBIDOSOS

Terras de Celanova
Ola amig@s!
Sinto ter baixado o ritmo de publicación e non é por falta de material, que va!! 

Material hai a paladas, e se non houbese material fresco sempre podo tirar de arquivo porque curiosidades, frikadas e chafalladas nunca faltarán neste noso "país da trapallada".

Aquí vos deixo unha boa que, como ben podedes comprobar, foi localizada en Terras de Celanova cando visitaba cuns amig@s un castro celta (Castromao)que hai moi perto desta fermosa vila ourensá. Pasaba co coche e, de esguello, vin este indicativo rosa. Os meus ollos leron "Puta do Arnoia" e flipei, non acreditaba. Como bo cazador de curiosidades non podía continuar o camiño sen saír de dúbidas. Non podía ser que nestas Terras sinalizasen así, tan explicitamente, a ubicación ou morada dunha prostituta... Moi inverosímil, xa! Pero en Galiza cousas peores se teñen visto, sabédelo ben.

Ao voltar atrás e parar xusto diante do sinal para sacar a foto puiden comprobar que algún ocurrente bromista transformara o "R" nun "P" cunha sutileza digna de aplauso. Espero que ninguén tomara esa dirección pensando o que non era...

No hay comentarios: