miércoles, 20 de marzo de 2013

#Alberte Contador (A CORUÑA PROV.)

O Tour #AlberteContador tivo onte unha etapa en Compostela no ULTRAMARINOS e hoxe toca LA TUERKA27, sala de programación teatral xa referente en Coruña. 
Mañá xoves espera ARTEIXO, lugar novo para Alberte Montes pois nunca tivo o pracer de actuar alí. Será unha experiencia moi, moi BEAUTY & FULL e espérase a Amancio Ortega como espectador de excepción.


No hay comentarios: