Spain is diferent !!
Ata non hai moito ,chufábase de que "España era un país sobresaínte" e estamos sendo testemuñas de que si, é "sobre saínte" para Suiza, "sobre saínte" para Belize, "sobre saínte" para as Illas Caimán...
Seica (presuntamente, en termos xurídicos) o Sr. Bárcenas, extesoureiro do PP, entregaba cartos de dubidosa procedencia en forma de pequenas pagas de domingo (como as que nos daban os nosos pais) a certos cargos do partido. A ollos dos populares, EL PAÍS está "sobre-dimensionando" a noticia para facerlles dano e empezan a perder os nervios. Rajoy está "sobre-pasado" polo escándalo e Mª Dolores de Cospedal "sobre-actuando" nas roldas de prensa. Queren parar a bola de neve como sexa e acabar coas calumnias aos políticos "sobre-colledores".
Resulta indignante que o Goberno insista en apretarnos cada vez máis, en pedirnos "sobre-esforzos" cando eles non predican precisamente co exemplo. E mentres, temos que seguir baixando a cabeza e comulgar con rodas de muíño, aceptando o seu mantra de "facemos o que temos que facer" (como cando os pais lle din aos fillos "é polo teu ben").Xa está ben de paternalismo e de hipocresía!!
E non quero poñerme no peor escenario de futuro neste tema, nesa hipótese de que o caso quede "sobre-seído". Daquela xa non sería indignante, sería ALDRAXANTE !!
4 comentarios:
Suscribo
Muy bo analisi Xosé,a verdade é que en pouco reflexache muito e lamentablemente a reflexion e realidade.
Molt bo Xosé Manuel.
sembla que molts pensen de la mateixa manera.
Una salutació.
Damià.
SOBRE SÉ Y MIENTO
Publicar un comentario