viernes, 5 de octubre de 2012

XIRA OUTUBRO 2012


ALBERTE MONTES está a chegar... Pasará uns días en Galiza, e mira ti que casualidade que coincide coa campaña electoral galega. Tranquilos, ho!! Alberte non creou ningún partido político novo nin será candidato á Xunta, e o único voto que pide sempre é para 2OS, curtametraxe de éxito que coprotagoniza.

O que si fará é un percorrido por varias cidades galegas para soltarlle o seu rollo á xente. A diferencia dos políticos a súa leria é para divertir e non ten pensado convencer nin enganar a ninguén. Confórmase con facerlles pasar un bo rato coas súas "ALBERTADAS". Esta xira "Outubro 2012" será tamén un anticipo do novo espectáculo "ALBERTE CONTADOR" que se estreará a principios do 2013. Atent@s tod@s !!

O calendario de mítins, perdón, de actuacións será o seguinte:

MÉRCORES 10
Café Teatro GARIGOLO (22.00 H)
Praciña Algalia de Arriba (Zona Vella)
SANTIAGO de COMPOSTELA

XOVES 11
SPORTCAFÉ (23.00 H)
Marqués de Pontejos,14
A CORUÑA

SÁBADO 13
Cervecería MAUI (24.00 H)
Zona Samil
VIGO

DOMINGO 14
Auditorio-CASA da CULTURA (19.00 H)
SOBER (Lugo)

NON FALTEDES e CORREDE A VOZ !!

Gracias !!

2 comentarios:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Moita merda.

Xosé Manuel dijo...

Gracias, Eulogio.
Se queredes vir o domingo a Sober, xa sabedes.

Saúdos