viernes, 12 de octubre de 2012

TÚZAROS

Saúdos a tod@s!!
Os que me vides seguindo sabedes ben que son moito de buscar cousas curiosas e dar boa conta delas. Pois ben, tamén sirve este entretemento meu para amosar e denunciar actitudes incívicas. 

Os galegos temos moitas virtudes pero tamén amosamos en moitas ocasións o "noso lado máis escuro" con actitudes destructivas e túzaras. 
Mirade senón a foto. Un tubo de escape nunha papeleira de Monforte. Que vos parece? Non haberá talleres, punto limpo ou empresas que recollan resíduos sólidos para reciclar en Monforte?
Incríble! Incivismo puro e duro !!

Non é o primeiro nin será o último caso de falta de sensibilidade cara os demais e cara o entorno que atopo en Monforte e en Galiza. Cando respectaremos como se merece o noso marabilloso país? Como dixo alguén algunha vez, "non é maís limpo o que máis limpa senón o que menos luxa". 
Comportémonos como persoas e non como túzaros, coidemos do noso. Por nós e polos que veñen detrás. 

2 comentarios:

Logio dijo...

Ti mirache ben na papeleira?... o mellor é diesel.

Xosé Manuel Fdez dijo...

Si, si, si... Moito túzaro é o que hai.