jueves, 9 de agosto de 2012

BASQUET NO RURAL

A Selección Española de Basquet xa está en semifinais das Olimpiadas esperando loitar por algunha medalla. O equipazo que mete medo a tod@s menos aos EE.UU. non está convencendo. Por un lado as derrotas dubidosas dos enfrontamentos previos e por outro a falta de enerxía que están demostrando fai sospeitar que  a cousa quede en bronce ou incluso nun decepcionante cuarto posto. A ver...
Xogadores todos de gran talento e con moitos títulos que avalan a súa calidade pero que seguro non teñen adestrado nin competido en canchas como as que se atopan no rural galego. Velaquí unha mostra!!
Os rapaces do rural tamén se emocionan cando ven xogar aos rapaces de ouro e con esa euforia posterior aos triunfos chega a emulación. Queren arromedar aos seu ídolos e fan as súas propias canastas porque o Concello non ten orzamento e/ou porque tampouco hai cativos nin para xogar unha pachanga (todo hai que dicilo). 

Estou vendo ese rapaz, cheo de enerxía e ilusión que pinta o taboleiro con pintura branca nos bloques vista do galpón e despois ponlle a asa dun caldeiro deses de ferro que había antes a xeito de aro. O difícil será agora botar o balón na aira cuberta de herba pero cunha superficie irregular onde o balón vai para onde quere e controlar o bote resulta misión imposible. Dificultade extrema tamén se quere facer mates pois pode quedar esnafrado contra a parece como Spiderman ou esmendrellado despois de caír enriba das pedras amoreadas que se tiraron para poñer os bloques no pendello (moito máis bonito, onde vai parar...).

Quería ver eu aos americanos xogando nestas condicións... por moi mal que estivesen as canchas do Bronx, lugar no que moitos deles comezaron a encestar...

Nenos do rural, non perdades nunca a creatividade, a bravura e a ilusión !!

3 comentarios:

Xosé Manuel Fdez dijo...

Ao final, por levarme a contraria, puxéronse as pilas e gañaron por méritos propios a medalla de prata.
Puxéronlle as cosas difíciles aos americanos, máis do previsto... Seguen sendo os mellores pero que non se confíen...

Anónimo dijo...

Eles teñen a Ibaka e nós as Vacas, que passssssssssa???.

frebas dijo...

Eles teñen a Ibaka e nós as Vacas, que passssssssssa?

Frebas.