sábado, 25 de agosto de 2012

AI QUE CONO !!

Unha vez máis o galego descúbrese como persoa de recursos, con capacidade de reacción para poder dar solución a calquera problema que se lle presente. 
Velaquí a estampa "nacional popular" de hoxe. Un cono de sinalización vial amarrado con cemento... non vaia ser o demo. 
Con que fin se lle puxo cemento a este cono?
a)Para evitar que saise voando despois de rematar a obra?
b)Para que ninguén o roube?
c)Por chamar a atención e dar que falar?

A ver se alguén de vós ten unha hipótese verosímil que poida dar explicación a esta enigmática acción porque senón terei que botar man de Íker Giménez.

No hay comentarios: