miércoles, 23 de mayo de 2012

XOGAR E BEBER

Velaquí unha desas instantáneas que tanto me gusta capturar e comentar. Testemuño gráfico dunha idiosincrasia, eslogan dunha forma de vida, un verdadeiro reclamo para non perder as tradicións...
Xa está ben de campañas institucionais para evitar que a xente nova se bote a perder, se endroghe e se maze ben cando sae de botellón. Estamos cansos de escoitar que a drogha e o alcol arruínan vidas e desestruturan familias, pero os costumes son os costumes. Se non coidásemos deles desaparecerían. Hai xente que sementa a hipocresía cando recoñece que "para divertirse non fai falta beber". Falso!! En Galiza o lema é á inversa: "para beber non fai falta divertirse". Que festa galega se pode concebir sen fartura no comer e sen abundancia no beber? Xa volo digo eu, NINGUNHA!!
A xuventude non sae de festa para divertirse, a xuventude sae para beber. E se bebendo coincide que un se divirte pois a conta redonda. Como dicían os Heredeiros da Crus: "juventú, juventú, tede coidado cos paus da lus..."
Así, pois, neste sitio distinto onde a emigración é a única solución ao paro e o surrealismo a única solución ao mangoneo, que carallo pode facer a xuventude para evadirse? Practicar a cultura de bar, xogar e beber!!

No hay comentarios: