lunes, 19 de marzo de 2012

REUTILIZACIÓN GALEGA

Xa me tardaba por ensinarvos unha chafallada nacional popular; velaquí unha ben grande. 
A típica valla que empregan os concellos para cortar o tráfico, ou como medida se seguridade para protexer aos viandantes, facendo de baranda na escaleira dunha casa particular. 
A valla cambiou de vida e pasou de ter unha utilidade pública a ter unha utilidade privada, así coma quen non quere a cousa. Estoume imaxinando a xustificación do paisano ou paisana: "o concello tíñaa aí tirada, morta de risa... e deume por collela. A min faime bo servicio aí na escaleira que teño para baixar á horta. Xa houben caír un par de veces e agora líbrame de moitos sustos. Penso que non lle fixen mal a ninguén con iso, verdá?". 
Reutilización galega, que carallo !!

2 comentarios:

Juan dijo...

Moi punk

Xosé Manuel Fdez dijo...

Moi heavi: valla METÁLICA