O frío inverno e a crise non foron atranco para que a xira resultase un éxito. Boa acollida do público e interesante repercusión mediática coa intervención estelar na TVG
Velaquí a última oportunidade de ver a xira entroideira de ALBERTE MONTES como "paliqueiro" por Galiza.
O final desta viaxe será este venres 17 en MONFORTE de LEMOS.
Actuación na CASA da CULTURA de MONFORTE (Pza España) ás 20.15 h. para chegar ás 20.30 h. como é habitual neste país do "imos indo" e o "xa se fará"...
Ali nos vemos para rematar a xira e meternos xa de cheo no ENTROIDO GALEGO 2012 !!
Correde a voz e non o perdades !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario