sábado, 25 de febrero de 2012

AI SE EU ME EMPREGO

Velaquí unha parodia da canción de Michel Telo que está tan de moda en todo o mundo:
"AI SE EU TE PEGO".
Podedes cantala ao tempo que poñedes a banda sonora, versión ukelele, aquí incorporada.
Probade a cantala nas vosas casas e compartídea, vai ser o hit do verán en Galiza, e proximamente dispoñible para o Galeoke (en Ourense non a busquedes).

MÚSICA

LETRA

BOSTA, BOSTA,
ASÍ VOCÊ MO PAGA.
AI SE EU ME EMPREGO, 
AI, AI, SE EU ME EMPREGO.

GALICIA, GALICIA,
ASÍ VOCÊ ME TRATA.
AQUÍ NON ME EMPREGO, AI, AI, 
AQUÍ NON ME EMPREGO.

SÁBADO NA PAPAROTADA,
A BANDA COMENZOU A TOCAR.
E PASOU O CACIQUE MÁIS LISTO,
TOMEILLE ORUJO E DECIDINME A FALAR.

BOSTA, BOSTA,
ASÍ VOCÊ MO PAGA.
AI SE EU ME EMPREGO, 
AI, AI, SE EU ME EMPREGO.

GALICIA, GALICIA,
ASÍ VOCÊ ME TRATA.
AQUÍ NON ME EMPREGO, 
A VER SE NO ESTRANXEIRO.

SÁBADO EN LAVACOLLA,
EU COLLÍA O AVIÓN PARA MARCHAR,
E PASOU BALTAR CUNHA TIPA,
O CASTRÓN NON ME QUIXO ENCHUFAR.

BOSTA, BOSTA,
ASÍ VOCÊ MO PAGA.
AI SE EU ME EMPREGO, 
AI, AI, SE EU ME EMPREGO.

GALICIA, GALICIA,
ASÍ VOCÊ ME TRATA.
AQUÍ NON ME EMPREGO, 
A VER SE EN SARAJEVO...

(C) ALBERTE MONTES & HERMANAGER

No hay comentarios: