O que nos faltaba !!
Unha das medidas de fomento de emprego que pode aprobar o novo Goberno é a posta en marcha dos mini-jobs. Este sistema de mini-emprego, tamén denominado "emprego de escasa importancia"(resulta eficaz con emprego non cualificado), funciona en Alemaña dende o 2003 e, supostamente, foi unha das recomendacións que o Banco Central Europeo deu a Zapatero hai meses. Pois, ben, o noso amigo Rajoy quere recuperar o invento.
En Alemaña, para estes "merme-empregos" a remuneración mensual máxima é de 400 €. O empresario cotiza o 28% á Seguridade Social e o 2% a Facenda. O traballador pode engadir voluntariamente o 4,5% dos seus ingresos como complemento de cotización á Seguridade Social para ampliar coberturas de xubilación e de IT e ten dereito a vacacións remuneradas podendo ademais compatibilizar este emprego con outros mini-empregos simultáneamente.
Nun mercado laboral con condicións xa dabondo precarias, agora isto!! Un novo parche para mellorar as estatísticas e unha pouca merda máis para o traballador.
Que visionaria miña nai cando me dicía: "A ver se tes sorte e che dan UN TRABALLIÑO por aí..."
No hay comentarios:
Publicar un comentario