A prima de risco polas nubes, a imaxe de potencia mundial desacreditada, recesión económica e cifras de paro históricas e histéricas... Como nos temos que ver...
Atrás queda o tempo de vacas gordas e de artesas cheas onde a apariencia e a ostentación eran cartas de presentación e moeda de cambio nunha orxía consumista como nunca se viu. Chufabamos con ir comprar unhas nike a LONDON ou NY, con vestir de Adolfo Dominguez ou Emidio Tucci a diario, de levar complementos Burberry, de ter aparcado diante da casa o BMW ou o AUDI, de cear en restaurantes como o Bulli e ir de vacacións aos lugares máis exclusivos do momento... En fin, un "acabouse a miseria" fóra do normal.
E agora, despois de tanto escupir para enriba, toca aforrar e "andar ao merme". Temos que poñer os pes no chan, sairmos do Armani do luxo, recurrir á marca branca e voltar mercar a roupa na feira ou no Carrefour.
Ou como di unha curmá miña: "Ahora vamos tener que pasar de comprar en el Corte Inglés a comprar en las Galerías ELMER... EL MERcadillo". Que graciosa é a condenada!!
Se sodes un "crisis víctim", non teñades vergoña e facede coma min, ide á feira e mercade polos outonais como o da foto por 5 € e chufade de marca: FELIZ FASHION. Combatiredes a crise, e igual seguides fodidos pero contentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario